top of page

Escalar formas

Foto del escritor: escola imaxinadaescola imaxinada

De visita nun colexio para facer un taller, unha mestra de segundo de primaria preguntounos se podíamos traballar a multiplicación. Os nenos e nenas da súa clase ían empezar a aprender a multiplicar así que podería ser interesante traballar o concepto desde a realidade física, conectada a unha experiencia co mundo real, e non como unha abstracción.


Aquel día levabamos un retroproxector e improvisamos unha proposta co concepto de "escala" empregando ese dispositivo. A palabra escala, relacionada coa medida, emprégase moito en arquitectura ou deseño para debuxar proporcionalmente nun mapa ou plano as dimensións ou distancias dun terreo, un edificio o un obxecto. Así, escalar, permítenos facer algo máis grande ou máis pequeno conservando as proporcións.


Cando situamos unha forma sobre o retroproxector e a proxectamos sobre a parede, a forma amplíase proporcionalmente, isto é multiplícase o seu tamaño. O punto de partida foi crear con cartolina formas que non tiveran nome (para evitar que os nenos e nenas reproduciran aquelas formas que xa coñecían como círculos ou cadrados e incorporar unha acción de creación propia). Despois rexistraban a silueta sobre un papel e mediamos algún lado, ou trazabamos unha liña dun punto a outro e a mediamos cunha regra. Como as medidas non eran moitas veces exactas, explicamos como se escribían os decimais, contando as raias dos milímetros e poñéndoas despois da coma.

Ao colocar as cartolinas sobre o retroproxector viámolas ampliadas e volviámolas medir cunha regra para saber cantas formas de cartolina cabían na forma proxectada. Así as formas podían ser 4, 5, 6.... 10, 20... veces máis grandes a medida que afastabamos ou alonxabamos o proxector da pantalla.


Finalmente con todas as formas resultantes fixemos unha forma de formas e colgámola conformando un móbil.

Tamén puxemos as mans, medímolas e imaxinamos como de grandes seríamos se nos escalasen o corpo. Ao ver ao mesmo tempo tanto a forma real como a proxección ampliada permitíanos facer comparacións e establecer relacións co espazo e os obxectos. Porque escalar non se reduce ao grande e ao pequeno, senón á comparación e, finalmente, ao lugar que ocupamos no mundo respecto ao que nos rodea.


 

Multiplicar formas


De visita en un colegio para hacer un taller, una maestra de segundo de primaria nos preguntó si podíamos trabajar la multiplicación. Los niños y niñas iban a empezar a aprender a multiplicar así que podría ser interesante trabajar el concepto desde la realidad física, conectada a una experiencia con el mundo real, y no como una abstracción.


Aquel día llevábamos un retroproyector e improvisamos una propuesta con el concepto de "escala" empleando ese dispositivo. La palabra escala, relacionada con la medida, se emplea mucho en arquitectura o diseño para dibujar proporcionalmente en un mapa o plano las dimensiones o distancias de un terreno, un edificio o un objeto. Así, escalar, nos permite hacer algo más grande o más pequeño conservando las proporciones.


Cuando situamos una forma sobre el retroproyector y la proyectamos sobre la pared, la forma se amplía proporcionalmente, esto es se multiplica su tamaño. El punto de partida fue crear con cartulina formas que tengan nombre (para evitar así que los niños y niñas reproduzcan aquellas formas que ya conocían como círculos o cuadrados e incorporar una acción de creación propia). Después registraban la silueta sobre un papel y medíamos algún lado, o trazábamos una línea de un punto a otro y la medíamos con una regla. Como las medidas no eran muchas veces exactas, explicamos como se escribían los decimales, contando las rayas de los milímetros y poniéndolas después de la coma.

Al colocar las cartulinas sobre el retroproyector las veíamos ampliadas y las volvíamos a medir con una regla para saber cuantas formas de cartulina cabían en la forma proyectada. Así las formas podían ser 4, 5, 6.... 10, 20... veces más grandes a medida que acercamos o alejámos el proyector de la pantalla.


Finalmente con todas las formas resultantes hicimos una forma de formas y la colgamos conformando un móvil.

También pusimos las manos y las medimos e imaginamos como de grandes seríamos si nos escalaran el cuerpo. Al ver al mismo tiempo tanto la forma real como la proyección ampliada nos permitía hacer comparaciones y establecer relaciones con el espacio y los objetos. Porque escalar no se reduce a lo grande y al pequeño, sino a la comparación y, finalmente, al lugar que ocupamos en el mundo respecto a lo que nos rodea.


Comments


©2025 escola imaxinada

bottom of page