top of page

Referentes: Anna Zemánková

Foto del escritor: escola imaxinadaescola imaxinada

Actualizado: 22 feb


Anna Zemánková (1908-1986) foi unha artista checa autodidacta, coñecida polas súas obras dentro do movemento do Art Brut (arte marxinal ou espontáneo). O seu traballo é celebrado pola súa expresividade e enfoque visionario, a pesar de non recibir formación artística formal.


Zemánková naceu en Olomouc, Checoslovaquia. Foi protésica dental, pero máis tarde deixou a súa carreira para enfocarse na súa familia. Comezou a crear arte na década de 1950, despois de sufrir unha crise persoal e de saúde, que incluía depresión. Para combater a depresión, un dos seus fillos, o escultor Bohumil Zemánek, aconselloulle utilizar a práctica artística de maneira terapéutica e Anna comezou a debuxar.


Segundo as súas propias palabras, o proceso creativo permitiulle penetrarse nun mundo paralelo máis gratificante que o mundo real, onde sentía que unhas forzas magnéticas a embargaban á hora de debuxar, nunha especie de transo. Este estado de transo podería relacionarse coa actividade do xogo, tan propia da infancia, onde a persoa está completamente inmersa nunha actividade, desconectada das preocupacións do mundo real, perdendo a noción do tempo e do eu e experimentando unha profunda concentración e satisfacción.


Zemánková é considerada unha das figuras importantes da arte marxinal. A súa obra inclúe debuxos e colaxes complexos que combinan elementos naturais e abstractos, como flores e formas orgánicas imaxinarias. Emprega lapis de cores, pasteis e técnicas mixtas, experimentando con perforacións, bordados e colaxe. O seu traballo foi recoñecido por Jean Dubuffet, o creador do concepto de Art Brut, e a súa obra é valorada polo seu carácter intuitivo e profundamente persoal.






 

Referentes: Anna Zemánková



Anna Zemánková (1908-1986) fue una artista checa autodidacta, conocida por sus obras dentro del movimiento del Art Brut (arte marginal o espontáneo). Su trabajo es celebrado por su expresividad y enfoque visionario, a pesar de no haber recibido formación artística formal.


Anna nació en Olomouc, Checoslovaquia. Fue protésica dental, pero más tarde dejó su carrera para enfocarse en su familia. Comenzó a crear arte en la década de 1950, después de sufrir una crisis personal y de salud, que incluía depresión. Para combatir la depresión, uno de sus hijos, el escultor Bohumil Zemánek, le aconsejó utilizar la práctica artística de manera terapéutica y Anna comenzó a dibujar.


Según sus propias palabras, el proceso creativo le permitió adentrarse en un mundo paralelo más gratificante que el mundo real, donde sentía que unas fuerzas magnéticas la embargaban a la hora de dibujar, en una especie de trance. Este estado de trance podría relacionarse con la actividad del juego, tan propia de la infancia, donde la persona está completamente inmersa en una actividad, desconectada de las preocupaciones del mundo real, perdiendo la noción del tiempo y del yo y experimentando una profunda concentración y satisfacción,  .


Zemánková es considerada una de las figuras importantes del arte marginal. Su obra incluye dibujos y collages intrincados que combinan elementos naturales y abstractos, como flores y formas orgánicas imaginarias. Emplea lápices de colores, pasteles y técnicas mixtas, experimentando con perforaciones, bordados y collage. Su trabajo fue reconocido por Jean Dubuffet, el creador del concepto de Art Brut, y su obra es valorada por su carácter intuitivo y profundamente personal.






Comments


©2025 escola imaxinada

bottom of page