top of page

Referentes: Francis Alÿs, o xogo da infancia

  • Foto del escritor: escola imaxinada
    escola imaxinada
  • hace 19 horas
  • 3 Min. de lectura

Francis Alÿs (Anveres 1959) é un artista multidisciplinar que desde 1999, vén producindo vídeos que documentan os xogos que tradicionalmente os nenos practican nas rúas e patios de todo o mundo.


Os vídeos de Xogos de niñxs  pertencen ao dominio público e poden ser vistos e descargados aquí:


Estes vídeos conforman un arquivo de prácticas en perigo de extinción porque cada vez máis se van desterrando da vida cotiá, a medida que o concepto de espazo público vai quedando trastornado polo predominio do transporte de vehículos, e o tempo libre ocupado polas distraccións electrónicas.


Como sinala o texto da súa exposición no MUAC, as diversións infantís rexistradas por Alÿs representan unha forma de cultura subterranea que conecta xeracións e transcende fronteiras. Ademais, resultan fascinantes polas ideas que evocan. As súas regras, imaxes e referencias reflicten conceptos profundos sobre o tempo e a percepción do mundo, revelando un substrato antigo e poderoso da nosa experiencia colectiva. Este legado, ameazado pola súa posible desaparición, merece a nosa atención.


Moitos dos vídeos de Alÿs sitúanse en rexións onde o menor desenvolvemento económico e a fortaleza das tradicións e comunidades permitiron a continuidade da vida infantil nas rúas. Aínda que posúen un valor etnográfico directo, tamén funcionan como metáforas dos cambios e conflitos das sociedades contemporáneas. Os xogos, practicados por comunidades moi diferentes entre si, destacan tanto pola súa misteriosa universalidade como polo valor humano que comparten, converténdose nunha ponte cultural entre distintas formas de vida.


A serie de "Xogos de niñxs" de Francis Alÿs transmite un aura de utopía. A través deles, documéntanse e propoñen formas de sociabilidade autorregulada, onde os nenos crean e estruturan as súas relacións nun marco competitivo, pero sen recorrer á a lexislación ou a forza.


Esas implicacións políticas son unha das principais motivacións de Alÿs para producir a súa obra. Por todos eses motivos, Xogos de niñxs é un proxecto que rebasa por moito a singularidade dun artista: é un arquivo imprescindible para o futuro da humanidade.


 

Referentes : Francis Alÿs



Francis Alÿs (Amberes 1959) es un artista multidisciplinar que desde 1999, viene produciendo videos que documentan los juegos que tradicionalmente los niños practican en las calles y patios de todo el mundo.


Los videos de Juegos de niñxs  pertenecen al dominio público y pueden ser vistos y descargados aquí:




Estos videos conforman un archivo de prácticas en peligro de extinción porque cada vez más se van desterrando de la vida cotidiana, a medida que el concepto de espacio público va quedando trastornado por el predominio del transporte vehicular, y el tiempo libre ocupado por las distracciones electrónicas.


Como señala el texto de su exposición en el MUAC, las diversiones infantiles registradas por Alÿs representan una forma de cultura subterranea que conecta generaciones y trasciende fronteras. Además, resultan fascinantes por las ideas que evocan. Sus reglas, imágenes y referencias reflejan conceptos profundos sobre el tiempo y la percepción del mundo, revelando un sustrato antiguo y poderoso de nuestra experiencia colectiva. Este legado, amenazado por su posible desaparición, merece nuestra atención.


Muchos de los videos de Alÿs se sitúan en regiones donde el menor desarrollo económico y la fortaleza de las tradiciones y comunidades han permitido la continuidad de la vida infantil en las calles. Aunque poseen un valor etnográfico directo, también funcionan como metáforas de los cambios y conflictos de las sociedades contemporáneas. Los juegos, practicados por comunidades muy diferentes entre sí, destacan tanto por su misteriosa universalidad como por el valor humano que comparten, convirtiéndose en un puente cultural entre distintas formas de vida.


La serie "Juegos de niñxs" de Francis Alÿs transmite un aura de utopía. A través de ellos, se documentan y proponen formas de sociabilidad autorregulada, donde los niños crean y estructuran sus relaciones en un marco competitivo, pero sin recurrir a a la legislación o la fuerza.

.

Esas implicaciones políticas son una de las principales motivaciones de Alÿs para producir su obra. Por todos esos motivos, Juegos de niñxs es un proyecto que rebasa por mucho la singularidad de un artista: se plantean como un archivo imprescindible para el futuro de la humanidad.



Kommentare


©2025 escola imaxinada

bottom of page